Thursday 16 de May de 2024

De aquí para alá coas emocións de Lydia Botana, o domingo 5 de maio en Mera


O programa “Apego” volve o vindeiro domingo 5 de maio ás 12:00h da man de Lydia Botana que presenta “De aquí para alá coas emocións”, no Auditorio Gabriel García Márquez.

As familias con nenas e nenos de 1 a 6 anos poderán gozar o próximo domingo 5 de maio no auditorio de Mera do espectáculo de Lydia Botana no que mediante ritmos e melodías de diversas culturas, os asistentes descubrirán novos instrumentos musicais e bailes cos que aprenderán a cantar nas linguas de diferentes terras.

O espectáculo centrase na bolboreta máis musical; aquela que viaxara de aquí para alá polo mundo adiante á procura da felicidade para o seu amiguiño africano, perdeu as cores das ás! Ao principio non sabe que puido pasar pero comeza a comprender as emocións que sente e a coñecerse máis a si mesma, algo que a vai axudar a comunicarse mellor a través da música.

O prazo de inscrición para a actividade comeza o luns 29 de abril ás 10:00 horas e terán preferencia as familias inscritas no programa Apego de Oleiros os dous primeiros días de inscricións.